Mes: septiembre 2016

Inauguración do curso 2016-2017

Inauguración do curso 2016-2017

Os alumnos de 3º a 6º reunímonos na capela do colexio para inaugurar o curso 2016-2017. Nesta celebración demos a coñecer aos nosos compañeiros os compromisos de clase que, baseándonos no lema do curso, adquirimos para nós. Nesta festa, ademais, reflexionamos sobre a importancia de atoparnos entre os demais e coa súa axuda.

Anuncios
Visita das mozas do Celta Zorka

Visita das mozas do Celta Zorka

Algunhas xogadoras do Celta Zorka de baloncesto viñeron visitarnos ao colexio para fomentar este deporte e botar uns tiros con nós. Os nenos e nenas gozaron destes partidillos nos que xogaron con verdadeiras profesionais e nos que ademais optaron a varios premios sorteados polas rapazas.