Mes: abril 2016

Animación á lectura de 5º Primaria

Animación á lectura de 5º Primaria

Os alumnos de 5º de primaria recibiron no colexio a visita de Pere Tobaruela e Andrés Meixide, autor e ilustrador do libro Formigas: Misión París, que leron durante este curso.

Segue lendo para ver as fotos.
Seguir leyendo “Animación á lectura de 5º Primaria”

Anuncios
A Reconquista

A Reconquista

Os alumnos de 4º de Primaria realizaron un proxecto sobre a Reconquista de Vigo que enmarcou varias actividades.

Realizaron un traballo na clase con información que trouxeron sobre distintos aspectos do acontecido en Vigo en 1809. Eses traballos foron expostos posteriormente ante os seus compañeiros e decoran as escaleiras do centro.

Aprenderon uns toques de tambor a ritmo de muiñeira e pasodoble cuns voluntarios da Asociación do Casco Vello que viñeron ao noso centro a aprendérllelos e poder participar nunha marcha con varios colexios por varias rúas de Vigo vestidos de vigueses da época da Reconquista e de membros do exército francés. Nesa marcha incluso se animaron a participar algúns pais.  Para rematar a festa, merendaron no colexio Ramón y Cajal e alí mesmo gozaron coa actuación do grupo musical A Gramola Gominola.

Seguide lendo para ver máis fotos.

Seguir leyendo “A Reconquista”